07-Xullo-2010 :::: PRESENTACIÓN OFICIAL
O pasado fin de semana toda a organización do Festival Arreaocabo presentamos oficialmente ante os medios o cartel deste ano.
O lugar elexido foi a praza do náufrago de Celeiro donde nos reunimos cos xornalistas e comentamos as novas do festival 2010 que recordamos está a piques de ser celebardo o día 17 de xullo no parque de lavandeiras da mesma localidade.
Estades todos invitados o evento. Recordamos que as entradas xa están a venta e que se eres un dos primeiros en reservar a túa, recibirás unha camiseta de regalo.
05-Xullo-2010 :::: CAMBIO DE ULTIMA HORA!!!
O GRUPO VIVEIRENSE RAIN IS ART, NON PODERÁ PARTICIPAR NA V EDICIÓN DO FESTIVAL ARREAOCABO POR PROBLEMAS DO PROPIO GRUPO, PERO XA TEMOS SUSTITUTOS, SERÁN THE BROSAS UN GRUPO NOVEL DE BURELA(LUGO), CUN CONTUNDENTE DIRECTO CON FORTES DOSES DE METAL E HARDCORE, QUE SEGURO VOS GUSTARÁN. PODEDES ESCOITAR MÁIS DELES EN WWW.MYSPACE.COM/THEBROSAS.
01-Xullo-2010 :::: ENTRADAS XA A VENTA
Por soamente 5 euros podes asistir o Arreaocabo.
Envíanos un correo reservando a túa entrada o correo festival arreocabo@gmail.com co teu nome e DNI, contándonos o número de entradas que necesitas, e o día do concerto poderalas recoller en taquilla.
AS 50 PRIMEIRAS RESERVAS RECIBIRÁN UNHA CAMISETA DE REGALO!!
Os puntos de venta anticipada son en CELEIRO: bar Rolindes y bar O puntal
Anímate a vir por soamente 5 euros disfruta de boa música e de bon rollito.
21-xuño-2010 :::: ¡¡Páxina web en periodo de probas!!
Estimados visitantes a nosa páxina está en periodo de probas.... Tede paciencia e iremos completando os distintos apartados....
Esperamos en breve ter a vosa disposición a reserva de entradas.
17-xuño-2010 :::: ¡¡Xa temos o novo cartel!!
Un ano mais a colaboración de Dani kaxete foi fundamental para o deseño do cartel. Empezamos a promoción do festival! Próximamente poderedes reservar as entradas pola web!
Aquí vos mostramos o cartel, esperamos que vos guste.







